A Mesa de Peonalización de Ribeira aproba a accesibilidade como prioridade no concello

23 Maio 2022

Dando continuidade á reunión do pasado 29 de abril, o salón de plenos albergou esta mañá unha nova reunión da Mesa de Peonalización de Ribeira coa fin de abordar a actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) en base as alegacións presentadas, antes da súa aprobación definitiva en pleno, así como para avanzar nunha nova mesa de mobilidade na que ademais dos compoñentes da mesa de peonalización se dea voz tamén a outros ámbitos da sociedade civil.

Na xuntanza de hoxe e baixo a presidencia do alcalde Manuel Ruiz, estiveron presentes representantes dos diferentes grupos municipais, Asociación de Empresarios, Amicos, Ambar e Policía Local, así como técnicos do Concello.

Entre os aspectos que se pretenden incidir na nova redacción do PMUS figura o de reflectir por escrito o cambio de xerarquía viaria que garanta o dereito á accesibilidade universal como marco prioritario na mobilidade polo municipio e que se plasmaría nunha serie de criterios: principalmente, en que a plataforma única sexa preferente salvo informe técnico xustificado; e que cando os anchos de vía non permitan a dobre dirección, o aparcamento e unhas beirarrúas accesibles, a prioridade sexa sempre a accesibilidade das mesmas.

Transporte público

Ademais, no que atinxe ao transporte, Concello traballará para que a Xunta e os actuais concesionarios do transporte público establezan un sistema de horarios que minimice os tempos de espera, buscando aumentar ademais as frecuencias directas a Santiago e campus universitarios. Tamén se tratará de ampliar a rede de transporte a núcleos que non están incluídos nos trazados actuais e ao futuro Polígono Industrial de Fontenla/Pedras Vermellas.

De igual xeito, emprederanse as xestións e estudos necesarios para poñer en funcionamento unha conexión ferroviaria a través de tren lixeiro, tranvía ou medios que se consideren axeitados, así como para a implantación de transporte marítimo.

Novas vías

Outra das incorporacións ten que ver coa apertura de novas vías que están recollidas no PXOM, como por exemplo a unión da rúa Cristobal Colón e o Viveiro de Empresas e a ampliación de vías como a que vai dende Romero Ortiz ao Touro, ou Sidreira. Así mesmo, suxeriuse a conveniencia de ampliar o Paseo Fluvial de Artes.

Tamén se contemplou a conveniencia de regular vía ordenanza determinados aspectos como os VMP (patinetes, etc.), vehículos eléctricos ou autocaravanas.

Por último, na reunión acometeuse a próxima constitución da Mesa de Mobilidade como un órgano de participación, reflexión e debate que vele ademais polo seguimento do Plan e que nunha primeira aproximación podería ter carácter trimestral e estar formada polos compoñentes da mesa de peonalización engadindo entidades de diferentes ámbitos, como educación, medio ambiente, transporte público, asociacións veciñais, representantes sindicais, policías locais, partidos políticos, usuarios da bicicleta, sector do taxi, colectivos de maiores ou comercio e desenvolvemento económico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.