Na recta final deste mes de maio a ESMU de Porto do Son (Escola Municipal de Música) organiza unha xornada de portas abertas para mostrar a súa actividade á cidadanía. Será os días 30 e 31 deste mes na Casa da Cultura de Porto do Son, en horario de 15.00 a 20.00 horas. Porase o foco nalgunha das principais liñas formativas de actividade da ESMU: coro, linguaxe musical e piano.
