A Deputación financia a renovación da Ruta Literaria Pensa Nao en Dodro, baseada no libro homónimo de Anxo Angueira

23 Maio 2022

A Ruta Literaria Pensa Nao, baseada no libro homónimo do escritor Anxo Angueira (Manselle, 1961), vén de recibir un importante impulso da Deputación da Coruña para o seu despegue como reclamo turístico, cultural, medioambiental e socioeconómico do concello de Dodro. A renovación da ruta, que percorre este municipio de norte a sur (permitindo visitar os seus principais elementos arqueolóxicos e etnográficos, como por exemplo os petróglifos da Devesa e de Bouza Badín, o Castro de Bexo ou o conxunto de hórreos de Eira da Lavandeira de Imo), será financiada pola área de Turismo da Deputación, xestionada polo vicepresidente provincial Xosé Regueira.

Este percorrido foi deseñado polo Concello e sinalizado por vez primeira no ano 2009, estando baseado no libro de Anxo Angueira, Pensa Nao, obra que resultara gañadora do Premio Xerais no ano 1999.

Os traballos de renovación da sinalización incluirán a colocación de novos postes e paneis informativos nos puntos clave do percorrido que conectan a historia da novela cos espazos xeográficos polos que transcorre.

“Esta nova sinalización contribúe á posta en valor dunha ruta que pensamos que debe funcionar como un reclamo turístico de primeira orde, que conecta un territorio concreto e unha serie de elementos patrimoniais e etnográficos con todo un universo literario, dándolle un dimensión máis ampla e un valor cultural engadido”, informou o vicepresidente Xosé Regueira, engadindo que a ruta ten unha lonxitude de preto de 14 quilómetros e atravesa o concello de Dodro permitíndonos desfrutar dos seus principais xacementos arqueolóxicos e rematando na Eira da Lavandeira de Imo co seu conxunto único de hórreos declarado conxunto histórico.

Unha sobranceira obra literaria

En Pensa Nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle, o espacio ficcional que recrea o lugar do Souto de Manselle. Sernanselle é a aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa. A novela recrea a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico que acabou por ser esmagado co alzamento fascista. Narrada cunha lingua riquísima e viva e nun estilo inusitadamente épico, “Pensa Nao é a metáfora dunha Galiza aberta e en marcha, que onte e hoxe se adapta e resiste na dura travesía en procura da súa supervivencia cultural e política”.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.