A compañía Elefante Elegante e Taburete desembarcan esta fin de semana en Noia

13 Maio 2022

Noia continua esta fin de semana coas actividades do Maio das Letras. O sábado o Coliseo Noela acollerá partir das 20:30 horas terá lugar a peza teatral Dreaming Juliet, de Elefante Elegante, que ten as prazas dispoñíbeis en Ataquilla.com. O espectáculo é a nova creación para público adulto da dita compañía, unha función inspirada en Romeo e Xulieta de W. Shakespeare e na que se aborda a cuestión máis esencial da existencia humana: o amor. A dirección vén da man de María Torres, Gonçalo Guerreiro e Pablo Sánchez. O elenco está formado por María Torres, Gonçalo Guerreiro. Marta Alonso, Nacho Martín e Mighelón Paz.

O domingo 15 ás 20:00 horas, será a quenda de Taburete en acústico. Tamén se poden adquirir as entradas a través de Ataquilla.com. O concerto está organizado polo Concello en colaboración coa Cadena Ser e os cartos recadados terán un fin solidario: serán doados a Cáritas e a Cruz Vermella.

Taburete é unha banda española de pop rock con influencias da rancheira, os boleros, o ska e o pop rock español. Foi fundada en Madrid en 2014. Cos seus dous primeiros discos no mercado Tres tequilas e Dr. Charas, conseguiron encher moitas salas de España durante a súa xira en 2017. En setembro de 2018 lanzaron o seu terceiro álbum Madame Ayahuasca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.