A Casa dos Poetas de Celanova acolle a mostra “Castelao Grafista (Facsímile)”

05 Maio 2022

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Buenos Aires, 1950) constitúe o foco da exposición Castelao Grafista (Facsímile)que reunirá na Casa dos Poetas de Celanova unha ampla escolma das súas múltiples facetas. A intención deste proxecto de difusión internacional é divulgativo, mostrando a obra e o pensamento dun dos creadores galegos máis singulares en países dos cinco continentes.

A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte Abanca; tamén obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Así mesmo, poderase desfrutar de 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, achegarase a posibilidade de ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

A Casa dos Poetas en Celanova acollerá esta mostra desde o 6 de maio (ás 10.30 será a visita guiada inaugural) ata o 4 de xuño e poderase visitar de martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 e os sábados de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.

Organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia – Xunta de Galicia, a exposición é en palabras da Casa dos Poetas “o proxecto máis ambicioso para dar a coñecer e difundir a obra e o pensamento de Castelao nos cinco continentes”.

Esta exposición enmárcase en Cultura por Alimentos, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). No acceso poderase facer entrega dalgún alimento non perecedoiro, que irá destinado ó banco de alimentos local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.