A ABE dá a coñecer as cinco persoas premiadas na campaña do Día da Nai

02 Maio 2022

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) deu a coñecer o nome das persoas premiadas na campaña de promoción comercial impulsada con motivo do Día da Nai e destinada a “incentivar as ventas nos establecementos locais”. Este luns 2 de maio realizouse o sorteo de cinco bonos ABE de 30 euros cada un entre todas as persoas que rexistraron os seus tíckets en www.abe.gal ou facturas das compras realizadas en calquera empresa asociada á ABE entre o 15 de abril e o 1 de maio.

“A campaña”, sinalou a patronal, “tivo moito éxito entre os clientes xa que, dentro das datas indicadas, realizáronse 328 rexistros”. A ABE informa que as persoas premiadas aínda teñen a posibilidade de dobrar o seu premio se acreditan a condición de familia numerosa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...