Xa están dispoñíbeis as entradas do Rompetiño Fest 2022

18 Abril 2022

Xa están dispoñíbeis na Rede (en Woutick ou tamén en Ataquilla.com e Ticketrona) as entradas para asistir este verán a un dos máis relevantes acontecementos da cultura xuvenil e urbana de cantos se celebran na xeografía galega: o Rompetiño Fest 2022 de Porto do Son.

Segundo fixemos saber os días pasados dende O Barbanza, a nova edición deste evento musical, artítsico e deportivo vén con nomes tan destacados como os de Bárbara Lago (gran promesa española da música tecno), Yung Beef (alcume de Fernando Gálvez, cantante e produtor de trap e reguetón granadino), Hard GZ (as siglas baixo as que se agocha o rapeiro galego Pedro Ruibal, un dos artistas máis puxantes do panorama musical galego e estatal) o rapeiro Sticky M. A. (un dos artistas máis innovadores da música estatal, con máis de cen mil seareiros nas redes sociais e membro do colectivo Agorazein) ou Costa (prestixioso rapeiro gaditano e realizador audiovisual, pertencente ao colectivo Gamberros).

O Rompetiño celebrarase os días 1, 2 e 3 de xullo en Porto do Son. O cartaz, que aínda ten por confirmar varios artistas (até completar preto dunha vintena), complétase coa presenza de Dollar Selmouni, Sofía Gabanna, Dirty Suc, Kaixo, Astray, Gloosito, Erin, Ergo Pro & Ill Pekeño, Steve Lean, Lowlight, Kike Varela, Santorino e Martín Pérez.

Este ano a organización quixo poñer o foco nas creadoras e creadores da nosa terra: unha puxante escena galega que non só destaca polas promesas e os futuros nomes que van camiño de aparecer nas letras máis grandes dos carteis dos festivais, senón tamén polos nomes máis consagrados. O programa do Rompetiño, como de costume, inclúe unha marcada vertente deportiva, con exhibicións e competicións centralizadas nunha explanada portuaria de Porto do Son recentemente reformada que será sen dúbida o escenario perfecto para a ocasión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.