O Concello de Boiro recibiu esta mañá a visita da delegación de directivos da Confederación de Empresarios da Coruña, na que estiveron o alcalde, José Ramón Romero; o tenente de alcalde, Luís Ruiz; o concelleiro de Promoción Económica, Carlos Muñiz; representantes do Polígono Industrial de Espiñeira, da Asociación Boirense de Empresarios e da CEC.
O presidente da Confederación, Antonio Fontenla, trasladoulle ao alcalde o respaldo das demandas do Concello de Boiro para incrementar o cha n industrial no municipio. O presidente da Confederación destacou o dinamismo empresarial do municipio e manifestou que “la dotación de nuevo suelo industrial y empresarial es una necesidad más que justificada a la que deben darse una respuesta positiva y ágil desde las Administraciones.

Fontenla repasou as cifras económicas do municipio, entre os 25 con maior PIB de Galicia, cos servizos e industria como grandes motores para xerar riqueza e a creación de emprego. “Boiro cuenta con una economía fuerte que apunta a un crecimiento sostenido en los próximos años. Y ese crecimiento es
algo que hemos de mimar tanto desde las administraciones como desde las institucionaes empresariales, acompañándolo con el máximo apoyo”, recoñeceu.
No marco desta xornada empresarial, na que tamén participaron representantes da Asociación Boirense de Empresarios e dos propietarios do Polígono Industrial, visitouse o Polígono Industrial de Espiñeira onde a totalidade do solo está ocupado e non poden atenderse xa solicitudes de parcelas para a instalación de novas actividades que está recibindo o Concello.
“Atraer emprendedores, empresas e industrias es algo tremendamente difícil y tiene tres condicionantes claves: la disponibilidad de suelo con infraestructuras y servicios adecuados, la agilidad en los trámites burocráticos y la seguridad jusrídica”, afirmou Fontenla. Para dar resposta á primeira destas necesidade o
presidente da CEC reclamou unha solución que “pase, bien por la ampliación del polígono actual, bien por la creación de un nuevo polígono”.
Pola súa parte o alcalde, José Ramón Romero, agradeceu ao presidente de CEC e a todos os asistentes a súa implicación e fixo especial mención á importancia que o tecido empresarial e a industria teñen en Boiro. “A alta demanda de chan industrial para a creación de novas empresas é un indicador de que Boiro é un municipio con moito potencial a nivel económico e empresarial. É obriga do Concello atender estas necesidades para seguir xerando emprego”, afirmou o alcalde.
Durante a xornada visitáronse tamén as instalación do Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira coas que conta o Concello de Boiro no Polígono Industrial e que dispoñen de espazo cowworking, aulas de formación homologadas para diferentes especialidade e polas que cada ano
pasan máis de 300 persoas que reciben formación. “Estamos levando a cabo un Programa Integrado de Emprego, un Obradoiro de xestión forestal e tamén cursos AFD. Dende o goberno local realizamos unha forte aposta pola formación porque a entendemos fundamental para o emprego”, recoñeceu o
rexedor.
A xornada completouse cunha visita ás instalacións de Jealsa no Bodión para coñecer o grupo empresarial e o plan estratéxico de inversións da compañía e as súas instalacións.