Unha pelexa en Ribeira remata cun home en estado grave

09 Abril 2022

Os pisos okupas do barrio ribeirense de Abesadas rexistraron no mediodía deste sábado un novo incidente. Un veciño do inmoble solicitou a intervención da Policía Nacional tras atopar a un home inconsciente nun dos rellanos. Os axentes comprobaron que a vítima tiña unha brecha na cabeza, polo que todo apunta a que sufriu unha fractura no craneo o que obrigou á interbvención do 061 e da policía local. O home foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago en estado grave. Da ferida, de grandes dimensións brotaba unha importante cantidade de sangue. O home duns coarenta anos e do que se cre que habitaba nas vivendas okupadas, apenas era capaz de falar.

Persoal da Policía Científica da Policía Nacional acudiu ás vivendas situadas na rúa Xosé Ramón Barreiro Fernández para solicitar pegadas e indicios que permitan reconstruír o ocorrido e dar co culpable. Persoas que se atoparon no inmoble afirmaron que non vira nada, e tampouco se puido identificar á persoa que chamou ao 112 para alertar de atoparse ao home inconsciente.

As primeiras informacións indican que o agresor esperou pola vítima, á que golpeou na cabeza cun obxecto contundente, presumiblemente cunha barra de metal ou similar. Outras das hipótese é que os dous homes encerelláronse nunha pelexa, momento en que o ferido recibiu o golpe que o deixou inconsciente. Polo momento non hai detidos nin se atopou ningún obxecto que poida corresponder co utilizado durante a agresión.

Rúa Barreiro Fernández

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.