Un neno tivo que ser trasladado a un centro médico despois de ser alcanzado por un vehículo na Rúa Carlos Montenegro, na Pobra do Caramiñal.
O accidente produciuse uns minutos despois das dúas desta tarde. A esa hora, o 112 Galicia recibía a alerta do atropelo a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Policía Local, dos Bombeiros de Ribeira e de Protección Civil.
