Suma Ribeira reclamará en pleno a mellora e limpeza da senda do río Sanchanás

22 Abril 2022

Suma Ribeira levará ao vindeiro pleno da Corporación de Ribeira unha iniciativa na que se reclama a reparación urxente dos danos sufridos pola senda peonil do río Sanchanás (Artes) e a elaboración dun proxecto técnico para “que a dita senda acade os mais altos estándares de accesibilidade en todo o seu percorrido”.

Suma Ribeira, a través do seu voceiro, Xurxo Ferrón, defenderá tamén que se dote a senda de carteis nos que se inclúan enlaces e códigos QR que faciliten información “ampla e diversa sobre a ruta”, e que inclúa, asemade, “información pormenorizada sobre as características da súa accesibilidade”.

O grupo cidadá sinala que estas moción responde “ás queixas que lles fixeron chegar varios veciños e veciñas sobre o estado da paseo, un dos máis importantes do concello, moi transitado sobre todo en época de bo tempo e cuxo proxecto for incluído, de feito, no denominado Ribeira Atlántica”.

Para Suma Ribeira, o acondicionamento desta senda, “como de calquera outra ruta que poña en valor a riqueza natural da contorna”, foi “unha boa noticia”, de aí a importancia de que se extreme o coidado da súa conservación, “cada vez máis deficiente e con zonas totalmente inaccesíbeis”, sinala Suma Ribeira, facéndose eco das reclamacións das persoas usuarias.

A agrupación fai constar que “o treito que se atopa en peor situación é o que está comprendido entre a ponte de Oleiros e o lavadoiro, “con grandes fochas, madeiras dos bordes rotas, lixo tirado por falta de papeleiras e carteis deteriorados”. Ademais, “é un tramo no que é imposíbel o paso a persoas con cadeiras de rodas ou con diversidades funcionais que lles ocasionen dificultades locomotrices”, explican dende Suma Ribeira, engadindo que tamén precisa traballos de arranxo o seguinte tramo en sentido ascendente, sendo o que discorre entre a ponte de Artes e o Muíño da Correa o que está mellor conservado (aínda que precisa “dunha limpa da maleza e da mellora na cartelería informativa”, sinalan).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...