
Na memoria: 15 de febrero de 2022, a 250 millas de Terranova. Un total de 21 homes, todos eles tripulantes do buque arrastreiro de Marín “Villa de Pitanxo”, falecían no naufraxio aínda hoxe non clarexado totalmente dese barco. Outros tres tripulantes -o patrón, un sobriño deste e un mariñeiro ghanés- sobreviviron. Só o silenzo reinante arestora nas esferas oficiais de España -Estado de bandeira do buque- , Canadá -Estado responsable da zona SAR na que se produciu a traxedia- e a organización internacional NAFO -que controla a pesca que se realiza nos caladoiros terranovenses- pesa máis que as toneladas de peixe que o “Villa de Pîtanxo” embarcaba, supostamente, cando afundiu. Un pesado silenzo que ninguén entende máis de dous meses dempois de se producir unha das maiores desgrazas rexistradas nun barco de pesca galego no que vai de século.
Ben séi que decir isto é como escoitar un disco raiado, ou que a túa avoa diga que a cousa está que nin arre nin xo. Pero é o que realmente acontece en relación cun caso no que, en realidade, os únicos testemuños sn os tres citados e dous deles tan semellantes que moi ben se pode entender tanto que din a verdade do acontecido ese 15 de febrero como que existe un acordo entre partes para librar de responsabilidades ao patrón e á casa armadora (esta tamén concorda nas súas apreciacións coas do seu máximo representante a bordo do barco afundido: o patrón.
O patrón e o seu sobriño estaban na ponte do “Villa de Pitanxo” cando o arrastreiro escorou e afundiu. O Mariñeiro ghanés, non. Os dous primeiros tiñan postos os preceptivos traxes de emerxencia. O mariñeiro ghanés, non. A casa armadora non pode aportar máis datos que aqueles que lle constan polas versión que do acontecido teñen polas declaración do patrón e o seu sobriño. A casa armadora non asume oficialmente o relato do mariñeiro de Ghana domiciliado desde vai anos en Marín. O Goberno español cala coma un peto porque dicir algo sobre o acontecido é manifestarse a prol ou en contra do declarado polo patrón e o seu sobriño, que non é o mesmo -agora- que o declarado polo mariñeiro africano, cuxa versión dos feitos está máis próxima ao que moitos mariñeiros veñen afirmando desde que se soubo do accidente que conmoveu a todo o mundo mariñeiro e pescador e, de xeitgo moi especial, ás familias dos 21 mariñeiros mortos aquel que semella xa tan lonxano 15 de febrero de 2022.
O Goberno español, que maís que ningún outro debería estar a carón das familias desas 21 vítimas do naufraxio do “Villa de Pitanxo” mantén que está en contacto cos familiares dos falecidos. E que ata oito ministerios están involucrados no proceso aberto. De xeito moi especial ténicos de Mariña Mercante e Salvamento Marítimo.
Non poño en dúbida esa asunción de responsabilidades no que atinxe á investigación dos acontecementos; pero unha vez máis permítame o lector que poña na balanza os argumentos duns e doutros na capacidade que España e Canadá teñen arestora para determinar onde está afundido o arrastreiro marinense e a posibilidade de facer chegar a ese lugar un artiluxio non tripulado (ROV) ou mesmo un tripulado (en función dos metros de profundidade no que se atope o barco arrastreiro). Dunha ou doutra maneira, para se achegaren aos restos da nave e, de ser posible, acceder ao interior desta e constatar -se é posible- que, como se pensa xa en alta voz, os mariñeiros inicialmente desaparecidos -hoxe oficialmente finados- permanecen alí onde estaban cando o “Villa de Pitanxo” deixou de navegar por sí mesmo e non pola súa incapacidade de ser manter a frote.
As vidas deses homes xa non son máis que lembranzas du tempo pasado. Os seus familiares saben que xa non teñen remedio. Pero que ninguén diga que deben conformarse porque ninguna familia mariñeira gusta de deixar no mar (aínda que sexa no interior dun barco afundido) o corpo dun dos seus. Porque tampoco ninguén renuncia a ese recuncho do cimeterio para o acubillo definitivo ou ao simple feito da incineración. Télo ahí e non perdido no mar, algo que España, Canadá e a NAFO deberían antender sen grandes esforzos.
Terranova é moito máis que fletán e cartos ao peto. Moito, moito máis.