Regresa á Pobra, logo da longa pausa da COVID, o programa de envellecemento saudábel da Pobra

08 Abril 2022

O Concello da Pobra presentou este venres 8 de abril os detalles da nova edición do programa municipal de envellecemento activo, unha iniciativa que se retoma no seu formato tradicional logo de dous anos de paréntese pola COVID. A sede do programa será o Centro Sociocomunitario e de Benestar da Pobra do Caramiñal. O obxectivo é potenciar o benestar persoal da veciñanza maior, así como evitar ou adiar súa deterioración física e cognitiva. Así o fixeron saber o director do dito centro, Ricardo Lago, e máis a concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo.

Lago salientou na presentación das actividades previstas “a importancia deste tipo de programas”, especialmente “dada a situación que vivimos nos últimos anos”. Entre os beneficios do envellecemento activo enumerou “a mellora da calidade de vida das persoas maiores, procurando que vivan no seu medio o maior tempo posíbel e que se poidan valer por si mesmas para as actividades da vida diaria”, ademais de evitar situacións de illamento na sociedade.

Pola súa parte, a concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), anunciou que o programa que se presenta vén con dous cursos que seguen unha metodoloxía participativa e dinámica.

Durante o primeiro semestre, o envellecemento activo desenvolverase nos venres dende o día 22 de abril ao 10 de xuño, en horario de 18.00 a 20.00 horas, a cargo de persoas voluntarias da Cruz Vermella; mentres que a musicoterapia transcorrerá nos mércores dende o día 13 de abril ao 8 de xuño, en dúas quendas: de 18.00 a 19.15 horas e de 19.15 a 20.30 horas, da man de Ignacio Crespo. Xa no segundo semestre, o envellecemento activo terá lugar dende o día 30 de setembro ao 18 de novembro, e a musicoterapia impartirase do 19 de outubro ao 14 de decembro. Os horarios son os mesmos ca no primeiro semestre.

As inscricións pódense formalizar nas propias instalacións do Centro Sociocomunitario e de Benestar e estímase unha participación elevada, igual ca nas anteriores convocatorias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...