Portos de Galicia e Turismo de Galicia, apoian as diferentes rutas de peregrinación por mar promovidas polo sector náutico-recreativo galego coincidindo co Xacobeo 21-22

28 Abril 2022

A Xunta, a través de Portos de Galicia e de Turismo de Galicia, apoia as diferentes rutas de peregrinación por mar promovidas polo sector náutico-recreativo galego coincidindo co Xacobeo 21-22 co obxectivo de promocionar e impulsar a actividade dos portos deportivos da comunidade. A finalidade é que os peiraos autonómicos se convertan en portas de entrada de peregrinos a Galicia e mellorar así as cifras do turismo náutico así como a actividade nas localidades costeiras.
Así o recolle un informe analizado hoxe polo Consello da Xunta sobre as accións de promoción de Portos de Galicia para difundir a peregrinación por mar no marco do Camiño de Santiago. Neste sentido, o documento recolle as tres principais travesías a vela de longo percorrido, vencelladas coa peregrinación a Santiago por mar e impulsadas na última década polo sector náutico de Galicia.
A primeira delas é a ruta Sail the Way, unha peregrinación a vela desde La Rochelle (Francia) promovida pola asociación náutica Northmarinas coa colaboración de Marinas de Galicia. A segunda é a Travesía Náutica Xacobea, a peregrinación por mar que replica o trazado do Camiño Portugués desde Andalucía ata Galicia e impulsada pola Asociación de Náuticos de Galicia (Asnauga). Mentres, a terceira é a Ruta do Cabaleiro das Cunchas, organizada pola Fundación Traslatio e que rememora o mito da Traslatio do Apóstolo Santiago cun percorrido variable segundo a edición desde o Mediterráneo ou a costa
portuguesa ata Galicia.
O Executivo galego apoia os tres eventos coincidindo co Xacobeo e participará activamente -ao igual que fixo o ano pasado con Sail the Way- na Travesía Náutica Xacobea, colaborando na súa organización e incorporando unha embarcación oficial á frota que completará a ruta.
De feito, Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar, propuxo que a edición deste Ano Santo 2022 partise desde Andalucía, remontando a costa portuguesa polo Atlántico para entrar en Galicia por Baiona e percorrer as Rías Baixas ata Portosín (Porto do Son), a fin de promocionar así o maior número de instalacións náutico-recreativas da comunidade. A última etapa do percorrido será a pé continuando o Camiño Portugués desde O Milladoiro (Ames) ata Santiago de Compostela.
Esa saída desde Andalucía fixo que a Xunta de Galicia e a Xunta andaluza coordinen a súa participación no evento fretando unha embarcación oficial que fará todo o traxecto con medios de comunicación, representantes sectoriais e convidados das dúas administracións a bordo. Neste barco tamén irán xornalistas especializados en náutica doutros países para difundir a importancia do Camiño de Santiago por mar e ampliar a súa repercusión mediática.
A Travesía Náutica Xacobea -que sairá de Barbate (Cádiz) o 28 de maio e chegará a Santiago o 13 de xuño- pretende poñer en valor aspectos como os atractivos da peregrinación por mar, Galicia como destino turístico de valor engadido, a singularidade da costa atlántica, a seguridade da comunidade fronte a destinos masificados ou a navegación polas costas galegas durante todo o ano, fuxindo da estacionalidade.
Prazas de atracada
Este Camiño por mar pretende enxalzar xunto a Sail the Way -que sae de La Rochelle o 24 de xuño e chega a Santiago o 14 de xullo- e a Ruta do Cabaleiro das Cunchas -que parte de Póvoa de Varzim (Portugal) o 16 de xullo e chega a Compostela o 23 de xullo- a calidade das instalacións náuticas da comunidade. Galicia conta con preto de 14.000 prazas de atracada, arredor de 400 empresas do sector e máis de 2.200 empregos directos.
Iniciativas deste tipo contribúen tamén a dinamizar e potenciar o sector tralo parón obrigado como consecuencia da alerta sanitaria polo coronavirus. O ano pasado rexistráronse arredor de 35.000 pernoctas de embarcacións en tránsito en portos da comunidade, o que equivale a un impacto positivo na economía galega de arredor de 3,5 millóns de euros. Por iso, a comunidade aposta por incrementar os tránsitos nos peiraos autonómicos co obxectivo de xerar emprego e riqueza nas zonas costeiras.

Outros artigos

A exposición sobre autismo de Amicos desembarca nas rúas de Rianxo

A campaña impulsada pola asociación da nosa comarca Asociación Amicos para sensibilizar e informar á veciñanza do Barbanza sobre o autismo continúa o seu percorrido polos nosos concellos. Faino cunha exposición divulgativa que comezou a súa viaxe o 2 de abril con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...