Porto do Son reivindica as súas historias na beiramar nunha mostra ao aire libre

13 Abril 2022

O Concello de Porto vai inaugurar este mércores 13 ás 19.00 unha nova exposición ao aire libre na recentemente acondicionada e humanizada explanada portuaria. Trátase da mostra Paisaxes e símbolos da nosa beiramar, unha iniciativa que complementa e amplifica os obxectivos da devandita reforma portuaria, que non é outro recuperar e reivindicar a estreita relación da vila co mar dende todos os puntos de vista: económico, social, medioambiental e turístico. De feito, a mostra propón unha viaxe por esa relación co mar ao longo da historia do concello. Inclúese material de todo tipo, dende fotografías a mapas pasando por información textual presentada de xeito directo e ilustrativo. Terá especial protagonismo a colección dixital do Museo Marea.

Fotografía de Lamelas na que se inmortaliza a chegada o Celta a Porto do Son

Outros artigos

A campaña de reciclaxe “Impropio de Nós” recala no Son

A campaña Impropio de Nós recalou este venres 10 de xullo no concello do Porto do Son. A iniciativa consiste nun box destinado a concienciar á veciñanza da importancia de reciclar e depositar no contedor amarelo as latas ou os envases de plástico.  A cartelería estará...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.