Política Lingüística destina 350.000 en axudas para iniciativas locais de apoio ao galego

11 Abril 2022

A Secretaría Xeral de Política Lingüística que dirixe Valentín García abriu unha nova convocatoria de subvencións para promover o uso da lingua galega no ámbito local, para o que se destinan 350.000 euros. En concreto, as axudas buscan fomentar os servizos lingüísticos que se prestan á cidadanía, tanto para creación de novos como para manter ou reforzar os existentes. Con elas tamén se promoverán a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega para o ano 2022 no ámbito local.

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística

A orde de convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia marca como ámbitos estratéxicos de actuación para a promoción da lingua galega desde o tecido local o deporte, a mocidade, as TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), o tecido económico empresarial, os servizos sociais e a perspectiva de xénero e igualdade entre homes e mulleres. Para estas axudas, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, destínanse por segundo ano consecutivo un total de 350.000 euros a gastos realizados entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2022.

Do mesmo xeito ca nas anteriores edicións a convocatoria outorga un incremento do 30% na puntuación final ás solicitudes presentadas conxuntamente por varias entidades locais.

A convocatoria enmárcase nas accións de promoción do galego desde o ámbito local que desenvolve a Xunta, entre as que destacan a Rede de Dinamización Lingüística, que integra máis de 200 entidades, e os programas e as iniciativas asociadas a ela.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.