“Outra oportunidade para o sector naval español”. Antón Luaces

14 Abril 2022

Se ben nos anos 60-70 do século pasado o sector naval español dispuxo dunha extraordinaria oportunidade de renovación grazas á construcción de buques petroleiros e da mariña de guerra que demandaban a aportación de novísima tecnoloxía, ese mesmo sector ten diante sí nestes momentos un panorama verdadeiramente excepcional: buques de transporte de gas e, sobre todo, a enerxía eólica mariña, que supón unha gran oportunidade de futuro para o conxunto do sector naval de España.

Este sector aposta arestora  pola súa transformación e pola diversificación  da súa cadea de valor cara o sector das enerxías renovables que serán parte esencial do Perte Naval que lle permite optar a se converter nunha das industrias máis competitivas de, ao menos, Europa. Este Perte Naval conflúe adicionalmente co Perte das Enerxías Renovables, o Hidróxeno  Renovable e Almacenamento e coa Folla de Ruta para e Eólica Mariña e as Enerxías do Mar en España. Representan, xa que logo, unha oportunidade inmellorable parea a industria española – de xeito especial para a galega- cuxo sector naval dispón da capacidade e experiencia construtiva, tecido industrial auxiliar e unha ótima ubicación en infraestrutura portuaria e terrestre.

UN FUTURO, DA MAN DAS EÓLICAS.

Os estaleiros privados poden completar a actual oferta construtiva para cubrir a potencial demanda  das enerxías renovables mariñas, participando no desenvolvemento industrial de prototipos de eólica mariña frotante. E fabricando e integrando estruturas  e compoñentes para esta industria. Un magnífico exemplo está ao alcance de todos: Navantia, en Ferrol e Cádiz.

Non se pode esquecer que os estaleiros privados españois continuaron a construcción de buques dun elevado compoñente tecnolóxico, alto valor engadido e grande complexidade construtiva. Especialmente en buques de apoio a campos eólicos, oeanográficos, live-fish Carrier, etc.

En xaneiro de 2021, Pymar, Navantia e Siemens presentaron ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo un Manifesto de Interese  co obxectivo de sentar as bases dunha verdadeira transformación de toda a cadea de valor do sector naval español para garantir a súa competitividade e futuro no esixente mercado internacional.

UN PERTE NAVAL PARA SEGUIR.

O Perte Naval permitirá traballar nese mesmo obxectivo aproveitando as oportunidades que ofrece o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia aprobado por España para canalizar os fondos europeos do Mecanismo de Recuperación a Resiliencia  Next Generation EU. Para elo, o Perte Naval disporá do apoio a proxectos organizados en base a tres piares fundamentais: a diversificación da actividade da industria naval, a súa dixitalización e a mellora da sustentabilidade medioambental. Estes proxectos, á súa vez, deberán contar cun proceso transversal de formación e reciclaxe  profesional das empresas.

A importancia do Perte Naval non é só cuantitativa: tamén vai crear as condicións necesarias para poder levar a cabo a verdadeira transformación que precisa o sector naval, permitindo traballar de xeito colaborativo e dando relevancia á industria auxiliar, aproveitando as sinerxias de toda a cadea de valor e propiciando con todo elo obxectivos tan ambiciosos coma o da diversificación da actividade cara un mercado  con tanto potencial como o da eólica mariña frotante.

MILLEIROS DE EMPREGOS NO SECTOR.

A industria naval española aporta máis de 70.000 empregos en España, contribúe directamente á econoía española con 30.000 millóns de euros e xera un impacto total sobre a mesma de máis de 9.222 millóns de euros, o que supón que por cada euro que produce directamente a industria naval, xéranse 2,4 euros no conxunto da economía.

Esta realidade permite constatar, á súa vez, que España constrúe, repara e transforma buques de alto valor engadido que incorporan un elevado compoñente innovador e sistemas  que contribúen a unha exportación sostible. Máis do 85% da carteira española está destinada á exportación.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.