Os Xardíns de Valle-Inclán da Pobra acollerán o día 29 un posto informativo sobre a compostaxe doméstica

28 Abril 2022

Co obxectivo de informar á veciñanza sobre como apostar nos fogares pola compostaxe doméstica e resolver as dúbidas que poidan presentar ao respecto, o 29 de abril, en horario de 16.00 a 19.00 horas, establecerase un posto informativo nos Xardíns de Valle-Inclán.

Amais, a partir das 20.00 horas, o Teatro Cine Elma acubillará unha charla formativa sobre a xestión da materia orgánica na orixe, aberta a toda a cidadanía en xeral, coincidindo coa convocatoria para a entrega de composteiros individuais e material divulgativo aos novos fogares participantes ao abeiro da terceira campaña do programa de autocompostaxe en vivendas unifamiliares impulsado pola Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra).

As ditas accións realízanse enmarcadas nunha subvención da cal resultou beneficiaria a Administración local, adscrita ás axudas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico na convocatoria de Residuos 2020 (PIMA e Pemar), que coas liñas de compostaxe pretende reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e mellorar na consecución do Plan estatal marco de xestión de residuos (Pemar).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.