Os símbolos da beiramar en Porto do Son, á vista de veciños e residentes nunha mostra ao aire libre

15 Abril 2022

A vila de Porto do Son acolle estes días unha mostra ao aire libre no recentemente acondicionado e humanizado bordo portuario, máis polo miúdo na Estacada. Trátase da exposicións Paisaxes e símbolos da nosa beiramar, que, como se indica no seu nome, fai un repaso histórico pola íntima relación que a veciñanza sonense mantivo co mar dende o asentamento da primeira pedra na localidade.

Así, a mostra propón unha viaxe por esa relación co mar ao longo da historia do concello, botando man de material variado (dende fotografías a mapas pasando por información textual presentada de xeito directo e ilustrativo). Amais, na exhibición ten especial protagonismo a colección dixital do Museo Marea, nutrida á súa vez das contribucións voluntarias das veciñas e veciños. En concreto, a mostra afonda nos diferentes oficios que se veñen levando a cabo na vila dende hai séculos, por exemplo as atadoras, os carpinteiros de ribeira, as fábricas de salgadura ou a conserveira de Pérez Lafuente. Complétase con paneis centrados na devoción e o lecer (a procesión e as regatas da Festa do Carme, o salón Miramar) e outros na orixe e na transformación das infraestruturas portuarias, con especial atención á vella dársena, A Comboa, cuxa silueta forma parte do escudo municipal desde hai máis dun século. A mostra tamén pon o foco nas estruturas en madeira (as estacadas e os seus parentes pobres, as varas) nas que se secaron redes e peixes.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.