Os obradoiros de marisqueo da Pobra contaron coa participación de estudantes Secundaria do IES local e de Bulgaria

06 Abril 2022

A rapazada da Pobra do Caramiñal arremangouse estes días os pantalóns para coñecer in situ o labor diario das mariscadoras e mariscadores locais. Concretamente, foron as mozas e mozos do Instituto de Educación Secundaria quen tiveron ocasión de participar nos obradoiros de marisqueo que veñen da man da Concellería de Turismo que dirixe Charo Varela (Nós Pobra), en colaboración coa Asociación Mar da Pobra. Fixérono na compaña de alumnado dos últimos cursos de Secundaria dun centro educativo de Bulgaria, ao abeiro das accións de intercambio cultural do programa Erasmus+.

Na súa axenda intercambio cultural incluíron os ditos obradoiros de marisqueo, organizados co obxectivo de lles aproximar ás novas xeracións o oficio das mariscadoras e fomentar o respecto polo mar.

Na xornada deste 6 de abril, aproximadamente 40 persoas, entre estudantes e profesorado, participaron nesta actividade que, seguindo a dinámica habitual, tivo como punto de partida o Auditorio do Museo Valle-Inclán, onde unha das técnicas do Turismo do Concello explicoulles o desenvolvemento da visita e proxectou un vídeo no que se amosa a cadea pola que pasan os recursos marisqueiros dende que se extraen ata que chegan aos pratos dos comensais.

Entregóuselles tamén un receitario que aglutina as diferentes elaboracións que se fan con bivalvos nos establecementos hostaleiros da localidade.

Posteriormente, desprazáronse ata Os Areos para experimentar a pé de praia o traballo das mariscadoras, coñecer e aprender a diferenciar os bivalvos, ademais de empregar os aparellos destinados para a súa extracción.

Estas visitas-experiencia dirixidas a centros de ensinanza de toda Galicia continuarán nos vindeiros meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.