Os obradoiros de marisqueo da Pobra contaron coa participación de alumnado do CEIP Heroínas de Sálvora

04 Abril 2022

Este luns 4 de abril os obradoiros de marisqueo para centros educativos que impulsan a Concellería de Turismo e a Asociación Mar da Pobra contaron coa participación do alumnado do CEIP Heroínas de Sálvora (Aguiño, Ribeira). Concretamente, da rapazada dos últimos cursos de Primaria.

A actividade comezou no Auditorio do Museo Valle-Inclán, onde unha das técnicas do Turismo do Concello explicou ás nenas e nenos cometido do obradoiro e proxectoulles unha peza audiovisual que reflicte toda a cadea pola cal pasan os recursos marisqueiros, dende o proceso extractivo ata que chegan á mesa das e dos comensais en elaboradas receitas. Ademais, fíxolles entrega dun receitario de diferentes elaboracións que se fan nos establecementos hostaleiros do municipio.

Logo, as nenas e nenos de Aguiño achegáronse ata Os Areos para comprobaren in situ o traballo das mariscadoras e os diferentes tipos de bivalvos que se atopan nas praias da localidade.

Estas visitas-experiencia continuarán nos vindeiros meses co obxectivo principal de achegarlles á rapazada o oficio das mariscadoras e fomenta-lo respecto polo mar, polo traballo neste eido e polo medio natural, ao tempo que se contribúe con esta acción á desestacionalización da demanda turística.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.