O programa Ler Conta Moito chegará este ano a preto de 190 concellos

24 Abril 2022

Ler Conta Moito, o programa de dinamización da lectura nas bibliotecas, chegará este ano a un total de 188 concellos, segundo informou a Consellería de Cultura e Educación, engadindo que a axenda de actividades chegará a 235 centros da Rede de Biblioteca Públicas de Galicia. A convocatoria de axudas deste ano vén con 195.000 euros.

Con esta medida “posibilítase que os concellos programen un mínimo de dúas actividades polas que poderán recibir unha achega que cubra ata o 75% dos gastos”.

As bibliotecas públicas poderán realizar as actividades sobre a base do catálogo Ler conta Moito 2022, de animación á lectura, dispoñíbel na web de seu.

Este ano o programa inclúe obradoiros creativos, narración oral e contacontos, actividades de escape room na biblioteca, así como dinamización a través das novas tecnoloxías, a música, a maxia ou o teatro, entre outras.

Ler Conta Moito desenvólvese en colaboración cos concellos, buscando consolidarse como ferramenta para a promoción da lectura. O ano pasado ao abeiro deste programa beneficiáronse 180 concellos que programaron máis de 700 actividades en 223 bibliotecas galegas.

Esta medida inclúese no traballo da Xunta para fortalecer o sistema bibliotecario galego cun orzamento de 2,1 millóns de euros para a actualización das coleccións e dotación de recursos electrónicos, mellora de infraestruturas dos concellos e para formación, entre outras.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.