O pleno da Pobra pecha fileiras contra a violencia de xénero

01 Abril 2022

Este 31 de marzo celebrouse no Consistorio da Pobra o pleno ordinario da Corporación correspondente ao dito mes, unha sesión que deu comezo ás 20.30 horas e na que estivo ausente o concelleiro Manuel Durán (PP). Amais, a concelleira Genoveva Hermo (Nós Pobra) ausentouse nos puntos 1 e 2. Durante a sesión aprobáronse por unanimidade a constitución da mesa local de coordinación entre institucións contra a violencia de xénero do Concello e máis a solicitude de adhesión da Pobra á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes.

A orde do día foi a que figura a seguir:

1. Aprobación actas anteriores (3 de xuño, 29 de xullo e 30 de setembro 2021).

2. Proposta de alcaldía (a petición do sector mexilloeiro) relativa á derogación do artigo 13.2 do decreto 153/2016 polo que se regula a conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas. Foi exposta por Manuel Fernández López, representante dos mexilloeiros. Aprobada por unanimidade.

3. Proposta de alcaldía para aprobación da constitución da mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero do Concello da Pobra do Caramiñal. Aprobada por unanimidade.

4. Proposta de alcaldía para aprobación da adhesión á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes (Red DTI). Aprobada por unanimidade.

5. Aprobación ordenanza de circulación do Concello da Pobra do Caramiñal. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 4 en contra (PP).

6. Moción do grupo municipal do BNG relativa ás actuacións que deben impulsar os gobernos galego e central para mitigar o impacto do medre disparado da inflación na sociedade e economía galegas. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 4 abstencións (PP).

7. Moción do grupo municipal do PP en relación a establecer un plan de axudas para as familias do noso municipio. Denegada con 4 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).

8. Moción do grupo municipal do PP en relación a axudas para os clubs e asociacións do noso municipio. Denegada con 4 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).

Deseguido, procedeuse coa parte de decretos e informes da alcaldía para, posteriormente, dar paso ao seguinte asunto de urxencia.

1. Moción do grupo municipal do BNG relativa á postura do goberno central no que respecta ao conflito do Sáhara. Aprobada a urxencia con 7 votos a favor (BNG e Nós Pobra), 1 abstención (PSdeG-PSOE) e 4 en contra (PP). Aprobada a moción con 7 votos a favor (BNG e Nós Pobra) e 5 abstencións (PP e PSdeG-PSOE).

Finalmente, abordouse a quenda de rogos e preguntas.

Outros artigos

A Pobra do Caramiñal acolle este sábado a I Regata Remo de Mar Mecalsa

A praia dos Areos acollerá este sábado, 18 de xullo, a I Regata Remo de Mar Mecalsa, unha cita organizada polo Club Remo da Pobra e a Federación Galega de Remo que reunirá deportistas das categorías alevín, infantil e cadete nas modalidades C1X e C2X.  A xornada dará...

+

A Curota énchese de bandeiras galegas nunha caravana patriótica

A Asemblea Intercomarcal de Mulleres do BNG Barbanza–Muros Noia organizou este domingo 13 de xullo pola mañá unha caravana patriótica que partiu ás 11.30 horas desde A Pobra do Caramiñal con destino ao miradoiro da Curota, dentro da programación de actividades previas...

+

A praia de Cabío converteuse nunha aula ambiental

A praia coñecida como Cabío acolleu este venres 10 de xullo unha actividade ambiental organizada polo Concello da Pobra do Caramiñal dentro da programación vinculada á Bandeira Azul deste areal. Desenvolvida pola asociación de educación ambiental Amabul, a Xincana...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.