O PIE de Boiro achega ás participantes todo o que precisan saber sobre a empregabilidade no estranxeiro

07 Abril 2022

O Programa Integrado de Emprego 2021-2022 que leva a cabo o Concello de Boiro acolle hoxe unha xornada de Mobilidade Internacional co obxectivo de ofrecer alternativas de empregabilidade externa ás persoas participantes. O alcalde, José Ramón Romero; e o concelleiro de Promoción Económica, Carlos Muñiz, asistiron na mañá deste xoves 7 de abril á xornada na que participaron unha ducia de mulleres.

A actividade contou coa participación de Covadonga López López, conselleira de Eures, que explicou o funcionamento da Rede Eures e as oportunidades que ofrece para a busca de emprego, así como o manexo do seu portal de emprego e información de relevancia a nivel europeo. Durante a xornada interveu tamén Pilar Piñeiro, xefe de equipo de Europe Direct, que explicou como a entidade fai accesíbel o camiño cara a Europa para as persoas e, tamén, os diversos programas e políticas europeas que se están a desenvolver.

A xornada tivo como obxectivo “ofrecer alternativas internacionais ás participantes” para que “poidan mellorar o seu nivel de empregabilidade a través de información para a busca de emprego no estranxeiro, localización de ofertas de traballo, coñecer as condicións de vida en países europeos”. Durante a xornada deuse información das axudas existentes para o desprazamento e manutención no estranxeiro ou levar a cabo cursos de idiomas.

O Programa Integrado de Emprego 2021-2022 que desenvolve o Concello de Boiro está subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e está dirixido exclusivamente a 100 mulleres da comarca en situación de desemprego.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.