O impacto entre dous vehículos nun cruce en Ribeira deixa unha persoa ferida e outros dos coches danados

02 Abril 2022

En total, catro vehículos resultaron danados a causa dun accidente de tráfico que deixou unha persoa ferida en Ribeira.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 00:30 horas nun cruce da AC-550, onde bateron dous coches. O impacto entre os dous vehículos foi tan forte que chegaron a desprazarse uns 20 metros ata chocar contra outros dos turismos estacionados.

Como consecuencia do golpe, un dos condutores implicados resultou ferido, polo que necesitou a asistencia dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Igualmente, interviñeron os Bombeiros de Ribeira, ademais dos axentes da Policía Local e da Garda Civil e Tráfico, xa que coas primeiras chamadas de alerta ao 112 Galicia todo parecía indicar que o ferido estaba tamén atrapado. Finalmente, descartaron empregar o equipo de excarceración debido a que a persoa estaba liberada e accesible, aínda que si colaboraron co equipo médico para sacar ao ferido do coche.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.