O Concello de Ribeira impulsa traballos de acondicionamento en catro centros educativos durante a Semana Santa

13 Abril 2022

O Concello de Ribeira fixo balance dos traballos que ten activos neste intre para a mellora dos centros educativos locais, proxectos que se están a desenvolver aproveitando o tempo de vacacións da Semana Santa. Un total de catro centros son obxecto de diversas tarefas de acondicionamento e arranxos.

Reformas no Grupo

Neste senso, a Brigada Municipal de Obras está efectuando diversas actuacións no CEIP O Grupo en Santa Uxía, tales como a reposición do pavimento de formigón dunha zona do patio situado entre os dous edificios principais, a remodelación do patio infantil lindeiro coa travesía Canarias ou a instalación dun piso de corcho nunha das aulas.

Na parroquia de Carreira, operarios municipais procederon á instalación dun lavabo no colexio da Capela, namentres que no de Pé do Corniño colocouse un falso teito: un labor este último que foi contratado á empresa Anspal.

Instalación de falso teito en Pé do Corniño

Por último, tamén tivo lugar o arranxo de diversas deficiencias nas instalación eléctricas detectadas nos colexios da Capela, Pé do Corniño e Deán.

Traballos na Capela

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.