O Concello de Ribeira implícase con Ambar no seu programa de emprego para mulleres

18 Abril 2022

A Asociación Ambar presentou este luns 18 de abril os detalles do seu programa de emprego para mulleres. Fíxoo na compaña de representantes do Concello, que colabora activamente na iniciativa.

Segundo fixeron saber as responsábeis da asociación de persoas con diversidades funcionais, o programa comezará a desenvolverse no Viveiro de Empresas de Ribeira, que foi, precisamente, o sitio elixido para dar a coñecer do programa. Participaron Ramón Doval, concelleiro delegado de Relaciones Institucionais, Turismo, Promoción e Dinamización Económica de Ribeira; Irene Maneiro, técnica municipal de Turismo; Milagros Rey, presidenta de Ambar; Ángeles Sampedro, técnica de Emprego de Ambar; e as mulleres participantes na iniciativa de formación que residen en Ribeira.

O programa de emprego para mulleres ten o obxectivo de mellorar a empregabilidade das mulleres participantes a través de sesións individualizadas e sesións grupais de formación para o emprego, orientación laboral e acompañamento na busca de emprego. As xornadas formativas desenvolveranse ata o 31 de xullo.

O programa está dirixido a mulleres con diversidade funcional, trastorno mental, sen titulación ou con baixa cualificación, desempregadas menores de 30 anos, desempregadas maiores de 45 anos, residentes en concellos rurais ou inactivas e desempregadas de longa duración.

O Concello de Ribeira mostrou o seu apoio e compromiso coa Asociación Ambar. Ramón Doval puxo en valor a labor que a entidade realiza e o estímulo que supón para a comarca e Irene Maneiro salientou “a importancia de xerar ferramentas para que as mulleres teñan oportunidades laborais”. Por outra banda Milagros Rey, agradeceu as asistentes unha mensaxe motivacional e agradeceu a súa colaboración ó Concello de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.