O Concello de Boiro e Turbina organizan unha excursión para a mocidade local de entre 13 e 20 anos

19 Abril 2022

O Concello de Boiro, coa colaboración do grupo local de voluntariado Turbina, organiza unha excursión para rapaces e rapazas no marco do programa Inquedanzas culturais, mocidade en movemento que desenvolve o departamento municipal de Cultura. A saída celebrarase o vindeiro sábado 30 de abril e as inscricións están xa abertas na web do Concello.

A excursión Imos de aventura está destinada a rapaces e rapazas empadroados en Boiro de entre 13 e 20 anos. Será unha xornada enteira de actividades de lecer ao aire libre, propostas entre as cales atópanse partidas de paintball e unha procura do tesouro polas rúas de Santiago de Compostela.

O número de prazas ofertadas é de 20. O prazo de inscrición é de 3 días e a listaxe provisional de asistentes publicarase o día 21 de abril.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.