O Concello de Boiro acondiciona os accesos ao miradoiro da Figueira en Cures

04 Abril 2022

O Concello de Boiro vén de levar a cabo unha serie de actuacións de acondicionamento e mellora no miradoiro da Figueira, unha atalaia de gran interese paisaxístico, turístico e natural, dende o que se se poden desfrutar abraiantes vistas da ría de Arousa. Os traballos foron destinados a tirar proveito das posibilidades deste enclave de cara a tempada de primavera e verán.

As actuacións que se veñen de realizar contemplan a mellora da rede de pluviais e limpeza de cunetas; o acondicionamento da zona acceso e espazo para estacionamento de vehículos; así como o acondicionamento xeral do miradoiro.

O miradoiro do Coto da Filloa, tamén coñecido como A Figueira, está situado na parroquia de Cures e mostra unha vista da Ría de Arousa e as bateas. Moi preto deste recurso atopase a ruta das mámoas, formada por uns 30 monumentos funerarios.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.