O Club de Piragüismo de Outes será obxecto de melloras cun investimento de 45.000 euros

30 Abril 2022

O Club de Piragüismo de Outes vai ser obxecto de melloras. Así o anunciou este sábado 30 de abril o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, quen visitou as instalacións da Escola de Piragüismo, no esteiro do Tambre, acompañado polo alcalde Manuel González. Segundo fixo saber o representante autonómico, o investimento nas ditas melloras será de 45.000 euros, dos cales o Goberno galego achegará o 80% e o concello o 20%.

En primeiro lugar realizarase o acondicionamento do club mediante unha actuación encamiñada a aumentar o espazo de almacenaxe para o equipamento deportivo empregado, dando unha nova localización aos vestiarios no andar baixo, e creando un espazo diáfano no andar superior de cara ó seu mellor aproveitamento. Esta actuación terá un importe total de 24.128,17 euros, sendo achegado pola Xunta o 80% (19.302,54 euros) e polo concello o restante 20% (4.825,63 euros).

Pola outra banda, Xunta e Concello colaborarán no subministro de embarcacións lixeiras para deportes náuticos para a escola de piragüismo de Outes, que na actualidade xa conta con 27 nenos e nenas inscritos. O importe total da actuación será de 20.025,50 euros, achegando de novo a Xunta o 80% (16.025,50 euros) e o concello o restante 20% (4.000 euros).

O mandatario galego destacou a importancia das dúas actuacións para “mellorar unha instalación fantástica a pé de auga” e que representan o “pulo decidido da administración” polo deporte en xeral e polos deportes náuticos en particular.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...