O Capítulo Galego de ISMS Forum organiza este xoves a Terceira Edición do Foro Rexional de Galicia.

06 Abril 2022

O Capítulo Galego de ISMS Forum organiza a Terceira Edición do Foro Rexional de Galicia este xoves 7 de abril de 2022 en modalidade presencial no Auditorio de Abanca en Vigo (Av. García Barbón, 1-3. 36201 Vigo, Pontevedra) en horario de 09.30 h a 14.00 h.
O obxectivo da sesión é analizar o novo mapa de ciberamenazas no contexto bélico, así como as últimas tendencias da industria do ransom, a xestión e resposta a incidentes na Nube ou as necesidades de visibilidade, control e automatización de resposta nos ámbitos industriais.
Contará con relatores como Camiño Kavanagh, Visiting Senior Fellow, Dept. of War Studies, King’ s College London; Former UN OEWG and UN GGE on ICT and International Security, United Nations, onde falará sobre a ciberguerra centrándose nas ciber operacións e tecnologias dixitais.

Antonio Fernándes, CISO, FINSA e Board Member de ISMS Forum Galicia explicará que hai de novo en relación cos temas anteriormente mencionados. Ademais, tamén formará parte de III Foro Rexional de Galicia, Adrian Couceiro, Membro do CSIRT e Responsable de BlueTeam de CaixaBank onde expoñerá respostas para incidentes na nube.

Tamén se presentarán os avances no proxecto colaborativo ” Cyber Security in a Box”, unha ferramenta clave para a PEME, que introduce un marco ineludible de clasificación, avaliación e propostas de acción. Os encargados de presentar estes avances serán David González, CIS‹ ›, Coren e Board Member de ISMS Forum Galicia e Fernando Suárez, Presidente, CPEIG e Board Member de ISMS Forum Galicia.

Outros artigos

“Conservatorio de Lugo” – Xulio Xiz

Acudín a un sinal de vida no Auditorio grande de Lugo, ese que é homenaxe permanente a Xesús Mato e aos mozos que en Mondoñedo entraron na gloria da música, e desfrutei do concerto da actual fornada do Conservatorio de Música lucense,, que se permite ter tres bandas:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.