O Auditorio de Rianxo acolle o vindeiro sábado 23 a estrea de “Nais”, con Inma Morandeira e a rianxeira Eva Iglesias

08 Abril 2022

O vindeiro 23 de abril celebrarase na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a estrea da función teatral Nais, unha comedia de Marc Egea dirixida por Javier Mariño coa interpretación de Inma Morandeira e a rianxeira Eva Iglesias. Será o sábado 23 ás 20.30 horas. A proposta está producida por Destino Bergen Audiovisual e Entre Patas Teatro.

A entrada é gratuíta, aínda que será preciso reservar entrada a través da web municipal de Rianxo. A reserva farase efectiva cando se confirme dende o Auditorio de Rianxo mediante un correo electrónico. No caso de haber localidades dispoñíbel, poderán solicitarse na billeteira do auditorio dende media hora antes do comezo da función.

Sinopse

O espectáculo Nais preséntanos a Elena (Eva Iglesias) e Carla (Inma Morandeira), as protagonistas desta comedia de enredo chea de situacións disparatadas. Ambas coñécense por casualidade na sala de espera do xinecólogo. Elena é tradicional e non concibe a maternidade sen a existencia dun pai. Carla, pola contra, é unha executiva á que lle preocupa máis a súa carreira profesional. Entre elas saltan chispas pero o karma é caprichoso e non será a última vez que se atopen. A vida poñeraas cara a cara en diferentes etapas da súa vida. Conseguirán estes encontros achegar as súas posturas? Acabarán converténdose en inimigas íntimas?

En palabras da produtora, estamos ante “75 minutos de pura comedia, na que nada é o que parece e que teremos ocasión de coñecer a dúas persoas de mundos diferentes que poden estar máis preto do que pensan”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.