O alumnado do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns-Boiro asiste a unha demostración de poda en altura

28 Abril 2022

O Concello de Boiro informou de que os alumnos-traballadores participantes no seu Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal (o Obradoiro Torre Goiáns-Boiro) asistiron esta semana a unha demostración de poda e altura na contorna do Pazo de Goiáns. A actividade inseriuse na formación que están a recibir das modalidades específicas do programa do obradoiro, que inclúe unha relevante vertente práctica na contorna da finca do histórico inmóbel (por exemplo a recuperación e coidado das árbores naturais que se atopan na finca para a conservación das especies autóctonas ou o manexo de maquinaria empregada para a realización dos traballos, como é o caso da poda en altura).

A formación deste Obradoiro de Emprego está dividida en dúas especialidades. Unha parte do alumnado fórmase en Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e outra en Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas. Ademais da formación teórica e da posta en práctica das habilidades adquiridas, o alumnado formase tamén en competencias xenéricas e destrezas para a procura de emprego.

O Concello de Boiro desenvolve o Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns – Boiro durante o curso 2021-2022 mediante o financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia ao abeiro das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.