O alumnado do Conservatorio Enrique Paisal achegou un recital de piano no Conservatorio Mayeusis de Pontevedra

29 Abril 2022

O pasado martes 26 alumnado de piano do Conservatorio de Música Profesional de Ribeira Enrique Paisal trasladouse a Pontevedra devolvendo a visita que os alumnos e alumnas do Conservatorio Mayueusis de Pontevedra fixeran ao centro ribeirense no pasado decembro. Foi, segundo explicaron, unha experiencia “moi enriquecedora” e ademais de ofrecer o citado concerto o alumnado puido dar un pequeno paseo e facer unha visita ao Museo Provincial.

Aula Galega de Saxofón

Por outro lado, este vindeiro fin de semana hai un novo encontro da Aula Galega de Saxofón e, nesta ocasión, ademais das clases maxistrais impartidas polo profesor titular Xabier Casal o cuarteto Deleria Ensemble ofrecerá un concerto o sábado 30 ás 20:30 horas.

Para asistir a dito concerto será preciso escribir a conservatorio@ribeira.gal. Dáse a casualidade de que todos os membros da formación asistiron como alumnos nalgunha das 14 edicións que leva desenvolvéndose este seminario.

Outros artigos

Cáritas Ribeira segue coa recollida solidaria de alimentos

Cáritas Ribeira segue coa recollida de alimentos que durará todo o mes, excepto Gadis que o fará ata o día 16 pero actualmente en trámites de ampliación. Cáritas Ribeira segue coa recollida de alimentos, unha campaña que durará todo o mes. A organización busca axudar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión