O alcalde e a Asociación de Empresarios de Ribeira mantiveron unha reunión co IGVS para a ampliación do polígono industrial

O alcalde e unha representación da Asociación de Empresarios de Ribeira mantiveron unha reunión co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García, co ánimo de dar os primeiros pasos cara a ampliación do futuro polígono industrial utilizando terreos recollidos dentro do Plan Sectorial no seu momento chamado macropolígono.
Segundo se lles confirmou aos ribeirenses, as previsións do IGVS consisten en proceder a unha reforma
normativa que permitirá a executar tal ampliación obrando por pequenos sectores dentro do que é o Plan Sectorial. A tal efecto, identificouse un posibles lugar que tería unha superficie bruta duns 150.000 metros cadrados.
Co obxectivo de acelerar o proceso propúxose que a empresa que está realizando o proxecto de urbanización do polígono (Monsa) se poña en contacto cos técnicos do IGVS para valorar a viabilidade de que os servizos necesarios para a urbanización en Fontenla/Pedras Vermellas puideran compatibilizarse tamén con esa nova área, posto que os terreos nos que estaría ubicado xa lindan coa estrada Palmeira-Moldes e isto posibilitaría acelerar a súa materialización.