Nova Xornada de Atletismo no estadio da Alta neste 30 de abril

28 Abril 2022

O Estadio Municipal da Alta volve acoller unha nova Xornada de Atletismo esta fin de semana. Será o sábado 30 de abril, dende as 10.00 ata as 13.30 horas.

As probas centraranse no salto de lonxitude e lanzamento de peso nas categorías de benxamín/a, de alevín/a e de infantil, tanto masculino coma feminino.

Organiza a Secretaría Xeral para o Deporte coa colaboración da Federación Galega de Atletismo (FGA), a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal -da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra)- e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.