Jaime Arjones e Alan Davila, do Rotogal Boiro, convocados pola selección

04 Abril 2022
Aarón Vidal

O líbero Alan Davila e o colocador Jaime Arjones, xogadores do Boiro Voleibol, foron convocados pola selección española U20 para o preeuropeo de Polonia, que se disputará entre o xoves e o domingo. O receptor-oposto Martín Fernando, que tamén forma parte do combinado nacional, non poderá acudir á cita debido a que se está recuperando dunha lesión no nocello.

Jaime Arjones

A selección española U20, da que forman parte Davila e Arjones, atópase estes días en Bulgaria, onde disputa un bilateral ante o combinado do país anfitrión. Pasadomañá, desprazaranse a Polonia. Por outra banda, Aarón Vidal, xogador do Boiro Voleibol, foi convocado para unha sesión de seguimento da selección española O16. O receptor concentrarase este venres en Almagro, lugar no que se adestrará cos demais integrantes do combinado nacional dentro do Programa 2025 da Federación Española de Voleibol.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...