Aberto o prazo de inscrición os Campamentos Deportivos da Deputación en Outes, que transcorren do 24 ao 29 de xullo

15 Abril 2022

O Concello de Outes informa que xa está aberto o prazo de inscrición para os Campamentos Deportivos verán 2022 da Deputación da Coruña. A Outes correspóndenlle 4 prazas na 5ª quenda, a cal transcorre dende o 24 ao 29 de xullo.

Poderán participar neste campamento os nenos e nenas nados entre o día 1 de xaneiro de 2008 e 31 de decembro de 2013.

O prazo de inscrición será do 13 de abril ao 20 de maio. De haber máis inscritos que prazas, realizarase un sorteo (terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de verán).

A cota de participación é de 85 €, que se ingresarán, unha vez se obteña praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña.

Para máis información sobre as actividades e as inscricións foi habilitado un documento en PDF para descargar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...