Un total de dezaoito eventos van integrar a programación do tradicional Maio Cultural 2022
que regresa á cidade de Ribeira As concelleiras de Educación e Cultura, Juana Brión e María
Sampedro, presentaron o calendario de eventos, que comezará este domingo día 1 cun concerto para público infantil e familiar ás seis da tarde no Auditorio a cargo de Xabier Díaz e que está adscrita á Rede
Galega de Dinamización Lingüística.
Espectáculos teatrais e musicais, exposicións, contacontos ou xornadas multidisciplinares figuran nun cartel en homenaxe ao mes das Letras Galegas no que tamén destaca á presentación da última
novela gañadora do Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira: “Lúa nova”, de Irene Montero, editado por Xerais. Será o 26 de maio ás oito e medio da tarde no salón de plenos e o evento
tamén incluirá a entrega de premios do XXX Concurso Escolar das Letras Galegas: unha das iniciativas educativo-culturais máis lonxevas na comarca.

PROGRAMACIÓN
Concerto: “Levantarse e caer”, Xabier Díaz. Rede de Dinamización Lingüística
Data: 01/05/2022, domingo
Hora: 18.00 h
Lugar: Auditorio Municipal
Para público infantil e familiar
DESCRICIÓN:
Promove: Rede de Dinamización Lingüística, Xunta de Galicia
Colabora: Concello de Ribeira
A proposta musical divídese en dúas vertentes, arrolos ou anainas como a Nana do Sol ou O meu neno, pezas que están compostas estritamente para axudar a adormecer as crianzas, dirixido a público de 0 a 3 anos. E, por outra banda, abrentes como Infancia querida ou Levantarse e caer cancións que tratan de axudar as crianzas a seren optimistas, e incidir na cultura da superación desligada da competición. Amabas as dúas vertentes están unidas pola promoción do uso do galego no seo das familias e no seu
tempo de lecer, a transmisión interxeracional da lingua galega.
Teatro: “A parábola do angazo”, Talía Teatro
Data: 03/05/2022, martes
Hora: 11.30 h
Lugar: Auditorio Municipal
Para público de ensino secundario
DESCRICIÓN:
“A parábola do Angazo” de Talía Teatro dirixida a estudantes de 3º de ESO en diante.
Esta comedia interpretada por Artur Trillo e Toño Casais forma parte da triloxía iniciada por “Bicos con lingua” e “Pelos na lingua” cunha montaxe áxil e versátil, onde o humor é parte fundamental da engrenaxe do espectáculo. Concerto: “Ramona Órbita”, Pakolas. Ler Conta Moito
Data: 07/05/2022, sábado
Hora: 19.00 h
Lugar: Centro Recreativo de Artes
Para público infantil e familiar
DESCRICIÓN:
Programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia En Ramona Órbita, a dona do tempo, Pakolas presenta o seu último libro-cd. Conta e canta a historia de Ramona, unha muller labrega e científica do Courel, que posúe unha horta cibernética e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento, coa que viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo máis
ecolóxico. Todo co seu estilo rockeiro que entusiasma ao público.
Teatro: “Tras os vieiros de Florencio”, Fantoches Baj. Rede de Dinamización Lingüística
Data: 13/05/2022, venres
Hora: 21.00 h
Lugar: Auditorio Municipal
Para todos os públicos
DESCRICIÓN:
Promove: Rede de Dinamización Lingüística, Xunta de Galicia
Colabora: Concello de Ribeira
Esta interpretación teatral basedada nun relato autobiográfico de Florencio Delgado Gurriarán, no que tamén intercala algúns dos seus poemas, Hai sede na nova Galicia, O viaxeiro, Córgomo de Valdeorras, Conto sinxelo, Galicia Infinda…; vaise ilustrando mediante escenas construídas cos obxectos que ten máis a man. Co maletín de visitador, frascos farmacéuticos, area, a revista Vieiros, velas, unha botella de Alvariño creará imaxes e algunhas das personaxes que aparecen nos poemas, nun proceso ritual
que divirte, conmove e facilita a comprensión profunda dos textos.
Espectáculo musical: “Barullo”, Nelson Quinteiro. Ler Conta Moito
Data: 14/05/2022, sábado
Hora: 19.00 h
Lugar: Porto de Palmeira
Para todos os públicos
DESCRICIÓN:
Programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia Espectáculo infantil de clown que aborda a cultura e a música tradicional a través dos seus instrumentos. Un divertido percorrido interactivo, divertido e visual por todos os tipos de instrumentos da música tradicional non escatimando en materiais: gaitas, pandeiros, pandeiretas, pitos, peitoques, triángulos, kazoos, ukeleles, axóxeres, claves, cunchas…
Instalaranse 25 cadeiras para animar a que o público se xunte ao redor do espectáculo.
Concerto: “100 anos de cantigas”, Coro de Cantigas e Agarimos. AGADIC
Data: 14/05/2022
Hora: 18.30 h
Lugar: Praza da Porta do Sol
Para todos os públicos
DESCRICIÓN:
Promove: AGADIC
En Cantigas e Agarimos queremos continuar coas actividades de celebración do noso centenario que tivemos que adiar o ano pasado. En Ribeira estaremos o coro ao completo con pasacalles desde o Auditorio e o grupo de gaitas, un espectáculo para celebrar o noso centenario con todo Ribeira.
Instalaranse 50 cadeiras para animar a que o público se xunte ao redor do espectáculo.
Espectáculo multidisciplinar: “Festivaliño 2022”
Data: 15/05/2022
Hora: 18.00 h
Lugar: Parque de García Bayón / Porta do Sol
Para público infantil e familiar
DESCRICIÓN:
Xornada multidisplinar para público infantil e familiar con cine na rúa, teatro e música ao vivo.
17 de maio Día das Letras Galegas
Contacontos ilustrado e musicado: “De Valdeorras a México. Terra a nosa”, Polo Correo do Vento. Ler Conta Moito
Hora: 12.00 h
Lugar: Praza do Concello
Para público infantil e familiar
DESCRICIÓN:
Programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia Actividade baseada na publicación De “Polo Correo do Vento”, “Florencio Delgado Gurriarán . De Valdeorras a México. Terra Nosa” da editora Lela Edicións na que se conta, ilustra e se pon música á biografía do autor homenaxeado polas Letras Galegas.
Instalaranse 50 cadeiras para animar a que o público se xunte ao redor do espectáculo.
Concerto: “Saraghallada”, grupo de música tradicional
Hora: 12.30 h
Lugar: Parque de García Bayón
DESCRICIÓN:
Gaita e percusión forman este grupo de música tradicional que animará as rúas e prazas de Ribeira no Día das Letras Galegas.
Xornada das Letras Galegas. AFLM de Aguiño
“Unha terra chea”
Hora: 16.30 h
Lugar: Aula de Música de Aguiño
Para público infantil e familiar
DESCRICIÓN:
Xornada festiva para público infantil e familiar con inchables, debuxo infantil, espectáculo musical.
Visita á Cidade da Cultura do alumnado do Seminario de lingua e literatura galegas do Concello de Ribeira
Data: 19/05/2022, xoves
Hora: 10.00 h
Lugar: Cidade da Cultura
DESCRICIÓN:
Visita cultural á Cidade da Cultura das persoas xubiladas e pensionistas que asisten todos os xoves ao seminario no Centro Cultural Lustres Rivas.
“Vendimando Versos”, Soledad Felloza
Data: 21/05/2022, sábado
Lugar: Centro Social de Oleiros
Hora: 19.00 h
Para todos os públicos
DESCRICIÓN:
Vendimando versos é un espectáculo de versos e crónicas ao redor da obra de Florencio Delgado Gurriarán. Unha viaxe dende o Barco de Valdeorras a México. Unha historia de amor pola terra, a lingua e os costumes e tradicións da súa xente.«Namórame o feitizo do tesouro -fino brocado de candeas de ouro- enfeite dos petrechos castiñeiros»
Presentación da novela gañadora da VIII Edición do Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira
Data: 26/05/2022
Hora: 20.30 h
Lugar: Salón de Plenos da Casa do Concello
DESCRICIÓN:
Novela, Lúa nova, Irene Montero Díaz. Edicións Xerais e Concello de Ribeira Entrega de premios do XXX Concurso Escolar das Letras Galegas do Concello de Ribeira
Espectáculo musical: “Cantaxoga”, Migallas teatro
Data: 27/05/2022, venres
Hora: 11.00 h
Lugar: Auditorio Municipal
Para público escolar
Concerto: “Fantasía coas palabras”, María Faltri e Jorge Juncal. Ler Conta Moito
Data: 28/05/2022, sábado
Hora: 19.00 h
Lugar: Casa da Cultura de Carreira
Para público infantil e familiar
DESCRICIÓN:
Programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia
Un concerto con moita enerxía e diversión en torno as letras do abecedario galego.
Poesía musical e personaxes de aventura para bailar, cantar e ler.
Concerto das Letras Galegas
Coral de Caldas de Reis, Coro Santa Susana e Coral Municipal de Ribeira
Data: 28/05/2022, sábado
Hora: 20.30 h
Lugar: Auditorio Municipal de Ribeira
Para todos os públicos
Concerto: “Radio Bulebule”, Paco Nogueiras. Ler Conta Moito
Data: 29/05/2022, domingo
Hora: 18.00 h
Lugar: Aula de Música de Aguiño
Para público infantil e familiar
DESCRICIÓN:
Programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia
Este concerto está dirixido a nenos e nenas para transmitir ao mundo en linguaxe universal. Dentro de Radio Bulebule Paco Nogueiras fai as delicias do público que en directo un divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións.
Exposición: “Emocións”, Oswaldo Guayasamín.
Data: Ata o 28 de maio
Hora: De luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 h. Sábados de 11 a 14 h.
Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas
Entrada gratuíta e visitas guiadas para centros educativos (previa reserva).
Exposición: “Florencio Delgado Gurriarán. Letras Galegas 2022”
Data: Ata o 31 de maio
Hora: De luns a venres de 10 a 14 e de 16 a 21 h. Sábados de 9.30 a 14 h.
Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Ribeira. Centro Cultural Lustres Rivas
Entrada gratuíta e visitas guiadas para centros educativos (previa reserva).