En Rianxo un home resultou ferido despois de recibir un golpe cunha máquina cando traballaba no Peirao

22 Abril 2022

Unha embarcación da empresa que realiza as obras no peirao, trasladou ao ferido ata o Peirao, onde o agardaou o equipo médico do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Ás 17:15 horas desta tarde, os servizos sanitarios solicitaban medios ao 112 Galicia para axudar na evacuación dunha persoa ferida que estaba traballando nas obras do molle e que quedara atrapada nunha máquina por unha perna. Indicaban que o accidente ocorrera no mar e que, posiblemente, sería precisa unha embarcación para levar a cabo a evacuación.

Nese mesmo instante, un alertante contactaba co 112 Galicia e aseguraba que a persoa, que estaba nunha plataforma no molle de pesca dentro da dársena, non estaba atrapada pero si necesitaba ser evacuada.  

Desde o 112 Galicia informouse decontado ao persoal de Salvamento Marítimo, que mobilizou unha embarcación e ao do Servizo de Gardacostas de Galicia. Do mesmo xeito, foron avisados os axentes da Garda Civil, da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Finalmente, o ferido foi trasladado polos profesionais sanitarios ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Rianxo

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.