En Boiro o Concello propón un regulamento específico de honras para os corpos de Policía Local e Emerxencias

27 Abril 2022

O Concello de Boiro propón para o seu debate no vindeiro pleno da Corporación a aprobación inicial do regulamento de honras e distincións dos corpos da Policía Local e Emerxencias. O borrador do texto ten como obxectivo “regular os elementos que poderán servir como distintivo, así como os supostos nos que se poderán outorgar as distintas condecoracións”.

O Concello lembra que na sesión plenaria de xuño de 2021 aprobouse a condecoración a dous axentes da Policía Local de Boiro pola súa actuación de auxilio a un veciño que sufriu un infarto na vía pública. Neste punto, o equipo de Goberno esgrime que no regulamento especial de honras e distincións co que se viña contando non se contemplaban aquelas que a Policía Local ou Emerxencias puideran recibir polo exercicio das súas funcións.

Obxectivos concretos

O regulamento que se propón para o seu debate na sesión plenaria correspondente ao mes de abril que se celebrará o vindeiro xoves día 28, ten como obxectivo concreto “detallar as razóns, feitos e condicións para a condecoración de medallas, honras e distinción aos corpos da Policía Local e Emerxencias”. Entre as distintas condecoracións están a medalla ao mérito profesional, servizos distinguidos, sacrificio no cumprimento do deber ou voluntariado.

O marco proposto recolle tamén os elementos das distintas distincións así como os supostos de concesión e os protocolos de entrega e os posíbeis casos de revogación de ditas distincións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.