Dous positivos por alcoholemia nun control preventivo da Policía Local no Malecón de Ribeira

A Policía Local de Ribeira informou de que ás 23.00 horas deste mércores 27 de abril iniciou un control preventivo de tráfico na avenida do Malecón co resultado de dous condutores que foron denunciados por senllos positivos en alcoholemia.

Un dos condutores arroxou un resultado positivo de 0.30 mg/l na primeira proba e 0,33 mg/l na segunda. En canto ao outro condutor, os resultados foron de 0,60 e 0,55 mg/l. Este último tamén foi denunciado por condución neglixente (circulaba a gran velocidade) e por ter o permiso caducado.

Os vehículos quedaron inmobilizados no lugar de control.