Deloa presentou as súas vindeiras accións en Porto do Son

22 Abril 2022

Este mércores 20 de abril celebrouse na Casa da Cultura do Concello de Porto do Son unha reunión da xunta directiva da Asociación Deloa. Nela abordáronse as diferentes accións que se porán en marcha ao longo deste ano.

Ao rematar a reunión, os socios da cooperativa Kracia Marketing Digital, un dos proxectos premiados no curso de Marketing Dixital e Cooperativismo promovido pola Fundación Paideia Galiza e a EOI, presentaron o seu proxecto.

Na xuntanza estiveron presentes a presidenta da Asociación Deloa e o vicepresidente da Fundación Paideia Galiza, así como representantes dos Concellos de Porto Do Son, A Pobra, Rianxo, Ribeira, Noia e Lousame, da Asociación Misela, da Asociación Amas de Casa de Ribeira, da Asociación de Empresarios de Ribeira, da Asociación Rianxeira de Empresarios, de Amicos, da Asociación Integrados e da Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.