“De taxas e faltas de concrecións”. Antón Luaces

27 Abril 2022

As taxas que, obrigadamente, teñen que aboar todos e cada un dos barcos que utilizan as instalacións portuarias dependentes da Xunta de Galicia a través de Portos de Galicia ou de Portos do Estado (estas por medio das distintas autoridades portuarias) significan uns gastos moi significativos nos de  explotación dos pesqueiros desta Comunidade Autónoma, sempre e cando o barco quede atracado ou abarloado nesas instalación. E por máis que as confrarías ou asociación de pescadores reclaman unha redución desas taxas, nen a Xunta nen o Goberno moven ficha para esta se produza. O máximo acadado foi redución aplicada para combater os danos -cando non estragos- producidos pola COVID-19.

Mais unha proposta do BNG no Parlamento galego -apoiada polos tres grupos da Cámara-  acadou un acordo para que a Xunta complemente con axudas propias as aprobadas polo Estado para o sector pesqueiro co obxecto de minimizar as consecuencias derivadas da crise actual, así como para que axilice con urxencia  a exoneración das taxas portuarias por servizos administrativos, profesionais e por uso privatizo, ocupación ou aproveitamento especial de dominio público galego mentres se manteña a excepción da situación inflacionista.

O acordo insta tamén ao Executivo galego a demandar do central un paquete de medidas adicionais que van desde a rebaixa  do IVE dos produtos do mar ao tipo super reducido do 4% permanentemente, como sinala a OMS; a exención temporal mentres se manteña a excepcionalidade da situación actual tanto das cotizacións á Seguridade Social como do pago de  todas as taxas portuarias que se aplican ás distintas frotas nos portos do Estado localizados en Galicia, así como topar o combustible pesqueiro, tal e como pide o sector, a 40 céntimos o litro.

E redución que pode acadarse deste xeito, aínda sendo apreciable, non acada un tope asequible. Máxime tendo en conta a oscilación do prezo do carburante que, ao día de onte, aínda aplicando a redución deses 40 céntimos, mantíñase en 0,81 euros o litro. Máis caro é aínda o carburante nas illas Canarias e Baleares, onde o custo do litro era dun euro após aplicar o desconto de 40 céntimos acordado polo Goberno.

As taxas portuarias que son de aplicación para os pesqueiros galegos son: por servizos administrativos, servizos profesionais, servizos de venda de bens, e de utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público de Comunidade. De todos eles tiran proveito ambas as administracións (autonómica e central), feito que encarece notablemente os gastos de explotación de cada un dos barcos de pesca con base en porto galego.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.