Comezou en Ferrol o itinerario das Feiras do Libro, que recalará en Rianxo o 22 de xullo

25 Abril 2022

Comezou en Ferrol o tradicional percorrido das Feiras do Libro de Galicia pola nosa xeografía. Coincidindo con este acontecemento, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, anunciou a posta en marcha dunha campaña para o fomento do libro e da lectura. Empregando a frase da escritora Emily Dickinson Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro, a iniciativa mostra a importancia de reforzar os hábitos de lectura, aludindo tamén ao crecemento de lectores rexistrado de xeito especial nos últimos anos

Na súa visita á Feira do Libro de Ferrol Lorenzo reiterou “o compromiso e o apoio do Goberno galego ao sector a través de convenios como o asinado coa Federación de Librarías para as Feiras, por un importe de 160.100€”. Tamén aludiu a distintas liñas específicas de axudas coas que o Goberno autonómico colabora para apoiar aos sector do libro. En concreto, para impulsar a dinamización da lectura nas bibliotecas municipais, tradución de obras, adquisición de novidades editoriais, subvencións ás empresas editoriais que acadan os 1,6 M€.

As Feiras do Libro 2022, organizadas e impulsadas pola Federación de Librarías de Galicia co apoio da Xunta, abríronse esta finde coincidindo co Día do Libro (23 de abril) e estenderanse e ata finais de agosto en 13 localidades. Tras Ferrol, no mes de maio celebraranse as feiras de Santiago de Compostela (do 1 ao 8 de maio), de Lugo (do 17 ao 22 de maio) e do Porriño (do 26 ao 29 de maio). Logo engadiranse paradas en Vilalba (do 3 ao 5 de xuño), en Ourense (do 8 ao 11 de xuño), en Vigo (do 1 ao 7 de xullo), Ponteareas (do 14 ao 17 de xullo) e Rianxo (do 22 ao 25 de xullo). Xa en agosto o circuíto das letras chegará á Coruña (do 1 ao 10), Viveiro (do 12 ao 15) e Monforte de Lemos (do 24 ao 27).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...