BNG censura que a Xunta diga descoñecer o lugar no que se atopa o peitoril orixinal da Ponte Nafonso, entre Noia e Outes

22 Abril 2022

A deputada do BNG, Rosana Pérez  formulou unha pregunta ao goberno sobre a reparación e posta en valor da Ponte Nafonso entre os concellos de Noa e Outes, a canto ascende o custe real das obras  e as razóns polas que o “peitoril de pedra orixinal” foi substituído por unha varanda metálica, na ponte medieval, catalogada no Patrimonio artístico de Galiza para despois volver a un peitoril de pedra que non é o orixinal.

Tras a resposta do  Director da Axencia de Infraestruturas, Francisco Menéndez que confirmou descoñecer o lugar onde se atopa o peitoril orixinal, a deputada do BNG cualificou de “indignante e lamentable” que o membro do goberno que ven a responder ao Parlamento galego  descoñeza o actual paradoiro do  “peitoril  de pedra orixinal”.

Por outro lado,  Rosana Pérez tamén preguntou polo resultado das obras de reparación e se realmente responde a “preservación do patrimonio histórico cultural de Galiza”.

A nacionalista lembrou que a cidadanía da contorna e visitantes pregúntanse onde están os canteiros nesa obra ante a elevación do pavimento.

 “As canalizacións non son adecuadas”, a varanda de pedra foi substituída por unha metálica e posteriormente por outro peitoril que non é o orixinal,  a Xunta continúa sen facer público o custe final da obra e a  día de hoxe, afirmou a nacionalista,” non obtivemos ningunha resposta a todas as nosas preguntas e nesta comisión, dixo, tampouco quixo vostede responder. “Isto é unha tomadura de pelo”, iniciaron unhas obras por valor de 707.000 euros baixo un proxecto que non se expuxo publicamente e

 ante a previsión  da substitución da varanda por unha metálica solicitamos que o proxecto incluíra a reposición do peitoril de pedra orixinal , pero a nosa  solicitude foi “desoída”

A Xunta,  co visto e prace do organismo que se supón que debe velar polo mantemento e conservación dos nosos bens catalogados, a Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura, “non optou por paralizar a obra e buscar unha alternativa a esa gabia que non afectase e alterase a actuación na Ponte Nafonso”. Optou por mantela   e como consecuencia, o pavimento adoquinado tivo que ser elevado máis de 12 centímetros. 

De nada valeu que o BNG solicitase que se buscasen alternativas respectuosas co patrimonio, e que non violentasen a propia Lei de patrimonio Cultural de Galiza do ano 2016. O Partido Popular, alegou daquela que a actuación “respectaba ao máximo” o patrimonio cultural.

De nada valeu que solicitásemos explicacións, a paralización das obras e un estudo exhaustivo da situación á Dirección Xeral de Patrimonio. “A cerrazón do Partido Popular neste Parlamento e do Goberno da Xunta impediron esa paralización e un estudo polo miúdo que nunca chegou”, aseverou a deputada.

A actuación é “tan escandalosa” que a  elevación do pavimento, obrigada polo encaixe das canalizacións, supón agora que os muros queden por riba dos  tallamares, a modo de “prótese que non acaba de cadrar” e tanto é así que a  xente pregúntase se a Xunta non é capaz de contratar empresas que teñan canteiros que saiban colocar a pedra. “O conxunto final non é a rehabilitación de nada, non é a posta en valor de nada. O conxunto final é un desleixo e  un desprezo absoluto polo propio, só por non ter en conta a gabia e buscar unha alternativa ás canalizacións que non fose seguir pasando polo centro dun ben medieval”.

A Ponte Nafonso conta con  máis de 700 anos de historia que “agora a Xunta vén de agochar e de enterrar definitivamente con formigón, adoquín e granito”. Por que motivo, unha vez que se viron obrigados a substituír a varanda metálica prevista por un peitoril de pedra, “non optaron polo peitoril orixinal da ponte? Saben vostedes, sequera, onde está esa peza orixinal, está a recaudo  da administración ou dalgún propietario particular? Por que non se repuxo o peitoril de pedra orixinal, cal é a razón?, volveu a preguntar a deputada do BNG sen acadar ningunha resposta por parte do director da Axencia de Infraestruturas.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.