Baixan os ingresados por Covid a 675, mentres os casos activos soben a 17.987 tras 1.812 contaxios

30 Abril 2022

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.987, deles 3.477 son da área da Coruña, 2.724 da de Lugo, 2.512 da de Ourense, 1.995 da de Pontevedra, 2.815 da área de Vigo, 3.030 da de Santiago e 1.410 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 19 están en UCI, 656 en unidades de hospitalización e 17.312 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 564.858 persoas curadas, rexistrándose 3.343 falecementos.  

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 28 de abril:

Muller de 94 anos, na área sanitaria de Ferrol.

Home de 81 anos, na área sanitaria de Vigo.

Home de 76 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Muller de 92 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.850.974.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.642.328.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.