As autoridades locais de Outes fanse cargo dun can cuxo coidador resultou ferido nun accidente

02 Abril 2022

Por outra banda, o 112 Galicia rexistrou esta madrugada outro accidente de tráfico no concello coruñés de Outes. Un vehículo saíuse da vía en Carleo de Arriba con varias persoas a bordo e un can de raza perigosa. 

Como consecuncia do impacto, un dos ocupantes do vehículo resultou ferido e tivo que ser trasladado polos servizos de Urxencias Sanitaria de Galicia-061. Ao quedarse sen o seu coidador, os equipos de emerxencias desprazados no lugar do accidente pediron a través do 112 Galicia a colaboración das autoridades locais para facerse cargo da recollida e atención do animal mentres se recupera o seu dono.

Ademais do persoal médico, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos membros do GES de Muros e dos axentes da Garda Civil de Tráfico, que investigan as circunstancias do accidente e tamén o estado dos ocupantes do vehículo ante a dúbida de que viaxasen baixo os efectos do alcohol.

Con todo, é importante sinalar que foron eles mesmos quen marcaron o número único de emerxencias para pedir axuda ás seis desta mañá.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.