Arde un coche en Taragoña

19 Abril 2022

Bombeiros do parque de Boiro apagaron a primeira hora da tarde un incendio que calcinou por completo unha furgoneta en Taragoña.

Pasadas as dúas e media da tarde unha intensa fumareda alertou aos veciños do lugar de Campo de Pazos en Taragoña.

A intervención dunha dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro, extinguiron o lume do vehículo pero non evitaron que as chamas o devorasen por completo. Ao lugar acudiron tamén a Garda Civil e a Policía Local de Rianxo.

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro veñen de extinguir vehículo ardendo e aparcado en finca no lugar de Campo de Pazos no Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.