Amicos reivindicou en Ribeira máis apoio e recursos para as persoas con autismo

01 Abril 2022

A Asociación Amicos celebrou este primeiro de abril o Día Mundial da Concienciación (que se celebra este sábado 2) sobre o Autismo. Fíxoo cun acto colectivo na praza do Concello no que participaron múltiples entidades e colectivos reivindicando máis apoio e máis recursos para as persoas co devandito trastorno. O punto culminante foi a elaboración dun mural onde cada quen mostrou a súa idea de Unha viaxe feliz pola vida, que é o lema da campaña do Autismo España deste ano. No mural léronse frases como “Na defensa dos dereitos das persoas con TEA. Feliz viaxe pola vida”, “O día do autismo non é un día, é todo o ano” ou “Para que non sexan necesarios os días de concienciación”, entre outras.

Alfonso Pérez, residente do Fogar Amicos foi o representante dos seus compañeiros e compañeiras con autismo e, por todos e todas eles e elas leu un manifesto no que reivindicaba que se doten dos recursos necesarios para vivir “nunha sociedade inclusiva e xusta para todos os cidadáns e cidadás. Temos que apoiarnos para que as persoas coñezan as nosas necesidades reais e eliminar mitos e estereotipos que provocan discriminación. Precisamos unidades de atención especializadas ao longo de todo o ciclo vital”, sinalou.

O alumnado do CEEPR de Amicos tamén quixo lanzar a seguinte mensaxe para que todos e todas tomen conciencia da importancia de apoiar ás persoas con trastornos do espectro autista: “Axúdanos a xogar, axúdanos a ser feliz”.

No acto estivo presente M. Emilio Pérez Outeiral, segundo tenente alcalde de Ribeira, que quixo agradecer o labor de Amicos por “traballar duramente pola integración” e recordou que “o Concello de Ribeira está sempre do lado de Amicos, esta é a súa casa e poden contar con nós para o que precisen”.

Pola súa banda, Luis Miguel Vázquez Carreira, subdirector xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia da Xunta de Galicia, sinalou: “Quero falar da importancia da implantación de un deseño universal pensado para todos. Queremos seguir avanzando para poder chegar a cubrir todas as necesidades das persoas con autismo facilitándolles apoios específicos para continuar coa súa educación, mellorar a súa formación e finalmente que poidan acceder a un emprego digno e de calidade”.

Pola súa parte, Silvia Agrafojo Filgueira, concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Xuventude, Educación, Cultura, Sanidade e Deportes de Lousame destacou a importancia de “traballar todos xuntos para lograr a integración” e “a educación é clave para a integración social”.

Dende Amicos agradeceron a colaboración de todos os concellos do Barbanza, así como das asociacións de empresarios e das persoas que axudaron á asociación a dar un paso adiante polo autismo e aportaron o seu gran de area para concienciar a toda a sociedade.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...